mércores, 18 de marzo de 2015

RIBADEO EN COMUN. PRIMARIAS ABERTAS.
Ribadeo en Común (ReC) aprobou o pasado mércores 18 de marzo o seu regulamento para a realización de eleccións de primarias abertas. Deste proceso sairá a lista definitiva das candidaturas coas que a plataforma veciñal concorrerá ás eleccións municipais de Ribadeo do vindeiro 24 de maio. Dito regulamento está a dispor de tódolos veciños en Clip Graf (r/ San Francisco 8, Ribadeo) e tamén a través do Twitter, Facebook e ribadeoencomun.blogspot.com, pódese obter tamén máis información en ribadeoencomun@gmail.com e chamando ó teléfono. 620 93 75 23.
Con este novo fito, ReC quere volver facer partícipe á veciñanza do seu acceso ó goberno municipal. As eleccións primarias son un espacio aberto onde todo o mundo escoita, debate e decide. Hai que lembrar que Ribadeo en Común constituirase en Agrupación de Electores gracias á firma de 500 persoas inscritas no censo electoral de Ribadeo; pensan que sería un sen sentido presentar unha lista feita ás costas da veciñanza e tamén daqueles que darán a súa sinatura para que haxa unha candidatura aberta á participación no concello.
Neste proceso poderán votar tódalas persoas que así o desexen maiores de 18 anos, censadas en Ribadeo e que teñan asinado o manifesto fundacional de Rec.
No tocante ás candidaturas, serán elixibles segundo a lexislación electoral vixente, pero han de comprometerse por escrito a cumpri-lo compromiso ético e segui-lo mandato da asemblea no desenvolvemento futuro das súas funcións. O xeito de presentarse é individual xa que non están permitidas as candidaturas conxuntas.
O proceso da comezo 19 de marzo e rematará coa publicación dos resultados o 14 de abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario